miércoles, 21 de diciembre de 2011

POSTAIS GAÑADORAS

Aquí podedes ver ao xurado que seleccionou as postais gañadoras do noso concurso:



martes, 20 de diciembre de 2011

VISITA A BIBLIOTECA PÚBLICA DE RIBADAVIA




O luns 19 de decembro fixemos unha visita a Biblioteca Pública de Ribadavia. Alí percorremos toda a sección infantil, collemos libros, pintamos e, o máis importante, fixemos os carnets de socios.
¡QUE GRANDE É A BIBLIOTECA DA NOSA VILA!
Dende eiquí queremos darlle as grazas a Bea e a Teresa por todas as actividades que nos propoñen, e nas que nós sempre participamos.

GUIA DE NADAL 2011

O equipo de biblioteca decidimos facer unha guía de nadal para os nosos/as alumnos/as, cunha serie de recomendacións para prelectores e primeiros lectores.
Se queres vela, pincha no seguinte enlace:
https://docs.google.com/open?id=0B2baU_1JJaNeYjE0NzNhYjAtNTU2OS00NDllLTlkM2ItODQzYjNlOTcyYTgy

viernes, 16 de diciembre de 2011

PREMIO MARIA MOLINER

O xoves 15 de decembro, a Biblioteca Pública de Ribadavia, mandounos unha mensaxe, na que nos comunicaba que lle deran o segundo premio Maria Moliner.
Pinchade no seguinte enlace para ver toda a información:
http://bpribadavia.blogspot.com/2011/12/novo-premio-maria-moliner.html

lunes, 12 de diciembre de 2011

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL




Para celebrar o Nadal, convocamos un concurso de postais navideñas, nas que os nenos/as tiñan que escribir unha mensaxe en galego para festexar estas datas.
Aquí podedes ver todas as postais que fixeron os nenos/as axudados dos seus pais.

miércoles, 30 de noviembre de 2011

EXPOSICIÓN ALVARO CUNQUEIRO




Con motivo do Centenario de Álvaro Cunqueiro, durante o mes de novembro fixemos unha exposición deste autor nas tres escolas do C.R.A. con materiais aportados polos propios nenos/as.
Aproveitamos unha unidade que estaba colgada na rede para educación infantil e para o 1º ciclo de primaria elaboramos 20 preguntas sobre a figura de Alvaro Cunqueiro.
Nos seguintes enlaces tendes o material que se traballou:
U.D. INFANTIL: https://docs.google.com/open?id=0B2baU_1JJaNeZjJhZGRhYjYtODhmMS00ODBhLWI0OGMtMmMwYWJkMmRhNzk5
U.D. PRIMARIA: https://docs.google.com/open?id=0B2baU_1JJaNeZWE5YzdiNzUtZWEwOC00Y2NhLWEyNzgtY2Y2NjlhY2YyZmI4
PRIMARIA Portada: https://docs.google.com/open?id=0B2baU_1JJaNeNzhjOGJlNDctNjc4NC00ZmU3LTkyZDktZmFmMjIxMTI1ZmI2


ANIMACION Á LECTURA

A profe Raquel estivo traballando na 2ª quincena de novembro o conto "Cuando llega el otoño" nas distintas escolas do colexio.

viernes, 18 de noviembre de 2011

ANXO MOURE


O xoves 17 de novembro estivo con todos nós Anxo Moure o "atrapador de contos", de Chantada. Invitounos ao mundo dos contos solidarios con axuda de monicreques elaborados por cooperativas do comercio xusto de Bangladesh, Guatemala, India, etc. Os contos falaron do dereito a educación en todo o planeta, das desigualdades sociais e o coidado do medio ambiente.

lunes, 14 de noviembre de 2011

RANOPLA

Este ano apuntámonos no Proxecto Educativo "Ranopla", un proxecto educativo a través de internet, dirixido aos alumnos de educación primaria e co obxectivo de axudar a incentivar á lectura aos nenos/as entre 6 e 12 anos.
A idea central do proxecto é que os nenos lean algún dos libros, que lles proporciona a biblioteca do cole, nas súas casas e entren na páxina web de ranopla no cole para responder a algunhas preguntas, nun tempo limitado pero suficiente, sobre os libros que leron.
Os nenos van acumulando puntos e ao final dáselles un diploma de bo lector.
Se queredes ter máis información sobre o proxecto podedes consultar o seguinte enlace:
www.ranopla.es

viernes, 11 de noviembre de 2011

MAGOSTO 2011



O magosto celebrámolo na escola de San Cristovo. Este ano foi moi especial, xa que veu a gravarnos a T.V.G. para o documental "Na terra das castañas". Ademais de facer xogos populares, tivemos un contacontos e unha recitación de refráns sobre o magosto e as castañas.

lunes, 31 de octubre de 2011

ANIMACIÓN Á LECTURA

Na segunda quincena de outubro, a profe Raquel estivo traballando o conto "Corre, corre cabaciña" por todas as escolas do C.R.A.
Aqui podedes ver unha mostra.

viernes, 14 de octubre de 2011

ANIMACION Á LECTURA

Na primeira quincena de outubro, a nosa compañeira Raquel, que leva a animación a lectura por todas as escolas, traballou o conto "A Castaña". Aquí podedes ver que ben quedou.

viernes, 7 de octubre de 2011

LIBROS QUE VAN E VEÑEN




Este é o segundo ano que funcionan no C.R.A. AMENCER de Ribadavia as bolsiñas azuis, donde os nenos/as de infantil levan os libros da biblioteca para ler na casa cos seus pais. Ademais tamén levan un bloc para facer un debuxo do conto.

viernes, 3 de junio de 2011

LOIS PEREIRO

Os alumnos/as das escolas de San Cristovo e San Paio fixeron este traballo conxunto sobre Lois Pereiro.

domingo, 24 de abril de 2011

DIA DO LIBRO 2011




O curso pasado celebramos o Día do Libro dedicándoo ao comic, en colaboración coa biblioteca pública de Ribadavia. Todos os nenos de infantil fixeron en conxunto o comic "A viaxe de Rosalía" (que é a mascota da nosa biblioteca). Os nenos de primaria fixeron cada un o seu comic. Alí tamén asistiron a un contacontos.