miércoles, 30 de noviembre de 2011

EXPOSICIÓN ALVARO CUNQUEIRO




Con motivo do Centenario de Álvaro Cunqueiro, durante o mes de novembro fixemos unha exposición deste autor nas tres escolas do C.R.A. con materiais aportados polos propios nenos/as.
Aproveitamos unha unidade que estaba colgada na rede para educación infantil e para o 1º ciclo de primaria elaboramos 20 preguntas sobre a figura de Alvaro Cunqueiro.
Nos seguintes enlaces tendes o material que se traballou:
U.D. INFANTIL: https://docs.google.com/open?id=0B2baU_1JJaNeZjJhZGRhYjYtODhmMS00ODBhLWI0OGMtMmMwYWJkMmRhNzk5
U.D. PRIMARIA: https://docs.google.com/open?id=0B2baU_1JJaNeZWE5YzdiNzUtZWEwOC00Y2NhLWEyNzgtY2Y2NjlhY2YyZmI4
PRIMARIA Portada: https://docs.google.com/open?id=0B2baU_1JJaNeNzhjOGJlNDctNjc4NC00ZmU3LTkyZDktZmFmMjIxMTI1ZmI2


ANIMACION Á LECTURA

A profe Raquel estivo traballando na 2ª quincena de novembro o conto "Cuando llega el otoño" nas distintas escolas do colexio.

viernes, 18 de noviembre de 2011

ANXO MOURE


O xoves 17 de novembro estivo con todos nós Anxo Moure o "atrapador de contos", de Chantada. Invitounos ao mundo dos contos solidarios con axuda de monicreques elaborados por cooperativas do comercio xusto de Bangladesh, Guatemala, India, etc. Os contos falaron do dereito a educación en todo o planeta, das desigualdades sociais e o coidado do medio ambiente.

lunes, 14 de noviembre de 2011

RANOPLA

Este ano apuntámonos no Proxecto Educativo "Ranopla", un proxecto educativo a través de internet, dirixido aos alumnos de educación primaria e co obxectivo de axudar a incentivar á lectura aos nenos/as entre 6 e 12 anos.
A idea central do proxecto é que os nenos lean algún dos libros, que lles proporciona a biblioteca do cole, nas súas casas e entren na páxina web de ranopla no cole para responder a algunhas preguntas, nun tempo limitado pero suficiente, sobre os libros que leron.
Os nenos van acumulando puntos e ao final dáselles un diploma de bo lector.
Se queredes ter máis información sobre o proxecto podedes consultar o seguinte enlace:
www.ranopla.es

viernes, 11 de noviembre de 2011

MAGOSTO 2011



O magosto celebrámolo na escola de San Cristovo. Este ano foi moi especial, xa que veu a gravarnos a T.V.G. para o documental "Na terra das castañas". Ademais de facer xogos populares, tivemos un contacontos e unha recitación de refráns sobre o magosto e as castañas.