miércoles, 21 de diciembre de 2011

POSTAIS GAÑADORAS

Aquí podedes ver ao xurado que seleccionou as postais gañadoras do noso concurso:



martes, 20 de diciembre de 2011

VISITA A BIBLIOTECA PÚBLICA DE RIBADAVIA




O luns 19 de decembro fixemos unha visita a Biblioteca Pública de Ribadavia. Alí percorremos toda a sección infantil, collemos libros, pintamos e, o máis importante, fixemos os carnets de socios.
¡QUE GRANDE É A BIBLIOTECA DA NOSA VILA!
Dende eiquí queremos darlle as grazas a Bea e a Teresa por todas as actividades que nos propoñen, e nas que nós sempre participamos.

GUIA DE NADAL 2011

O equipo de biblioteca decidimos facer unha guía de nadal para os nosos/as alumnos/as, cunha serie de recomendacións para prelectores e primeiros lectores.
Se queres vela, pincha no seguinte enlace:
https://docs.google.com/open?id=0B2baU_1JJaNeYjE0NzNhYjAtNTU2OS00NDllLTlkM2ItODQzYjNlOTcyYTgy

viernes, 16 de diciembre de 2011

PREMIO MARIA MOLINER

O xoves 15 de decembro, a Biblioteca Pública de Ribadavia, mandounos unha mensaxe, na que nos comunicaba que lle deran o segundo premio Maria Moliner.
Pinchade no seguinte enlace para ver toda a información:
http://bpribadavia.blogspot.com/2011/12/novo-premio-maria-moliner.html

lunes, 12 de diciembre de 2011

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL




Para celebrar o Nadal, convocamos un concurso de postais navideñas, nas que os nenos/as tiñan que escribir unha mensaxe en galego para festexar estas datas.
Aquí podedes ver todas as postais que fixeron os nenos/as axudados dos seus pais.