sábado, 22 de diciembre de 2012

CONCURSO DE POSTAIS NADAL 2012

Aquí podedes ver as distintas postais que elaboraron os nos@s nen@s en colaboración cos seus pais para o concurso deste ano.

CONCURSO POSTAIS 2012 - foto montaje

As postais gañadoras foron as seguintes:
1º posto: Luz María Blanco Sousa
2º posto: Samuel Barreiro Pérez
3º posto: Alba Rivera Fernández

O XURADO



viernes, 21 de diciembre de 2012

VISITA A BIBLIOTECA PÚBLICA DE RIBADAVIA

O xoves 20 de decembro os nen@s de 3 anos fixeron unha visita a Biblioteca Pública de Ribadavia, donde fixeron os seus carnets de socios e tamén pintaron un debuxo. Aquí tendes as fotos para  ver o ben que o pasaron.



jueves, 20 de diciembre de 2012

TALLER DE POSTAIS

No mes de decembro tivemos uns talleres de elaboración de postais de nadal nas distintas aulas, así como na Biblioteca no Taller de Rosalía. Aquí tendes as fotos:

miércoles, 19 de diciembre de 2012

DIPLOMAS RANOPLA

Aquí tendes as fotos da entrega dos diplomas do 1º trimestre do proxecto educativo RANOPLA.
O equipo da Biblioteca deséxavos unhas felices lecturas de Nadal.

ESCOLA DE SAN PAIO

ESCOLA DE SAN CRISTOVO

ESCOLA DE FRANCELOS



lunes, 10 de diciembre de 2012

POEMAS DE CELSO EMILIO

Os alumn@s de primaria do C.R.A. AMENCER recitaron uns poemas de Celso Emilio Ferreiro, para conmemorar o centenario deste autor. Mirade que ben o fixeron.




domingo, 9 de diciembre de 2012

TALLER DE ROSALÍA

A biblioteca escolar do C.R.A. AMENCER de Ribadavia quere comunicar a toda a comunidade educativa que os vindeiros xoves 13 e 20 de decembro de 2012 teremos un taller de elaboración de Tarxetas de Nadal en dita biblioteca (SAN PAIO). O horario será de 17 a 18 h.
Esperamos a vosa asistencia.

GUIA NADAL 2012

Xa chegou o tempo do Nadal e os agasallos, por iso dende a Biblioteca Escolar do C.R.A. AMENCER queremos ofrecervos unha guía de libros para que sexa máis doada a vosa elección nas vosas cartas aos Reis Magos.
Desexámosvos unhas boas vacacións lectoras.
GUIA DE NADAL 2012

miércoles, 14 de noviembre de 2012

9 NOVEMBRO: DÍA DE FESTA

O venres 9 de novembro celebramos o Magosto na escola de San Cristovo. Cantamos a canción


A CASTAÑA NA LAREIRA
A castaña na lareira (bis)
Fixo pum! E rebentou
Ai pobriña da castaña (bis)
Fixo pum! E rebentou
Ai lalalala ai lalalala
Escomencemos a pandeirada
Escomencemos a bailar xa

Na escola de San Cristobo (bis)
O magosto comezou
Bocadillos de criollo (bis)
O magosto comezou
Ai lalala…..

Os nenos de San Paio (bis)
Pero qué listos que son
Van e veñen con castañas (bis)
Pero qué listos que son
Ai lalala….

O magosto celebramos (bis)
E Francelos se apuntou
As castañas comeremos (bis)
E Francelos se apuntou
Ai lalala….


Como todos sabedes, ese día tamén se celebra o DÍA DO PEÓN. Seguro que moitos dos nosos papis se lembran deste xogo.

Aquí podedes ler o manifesto que lemos, ademais do video e algunha fotografía deste xogo.




lunes, 12 de noviembre de 2012

OUTONO

Mirade que traballo fixeron os nen@s de primaria da escola de Francelos.
Quedoulles moi bonito.



outono francelos - diapositivas

Os nen@s de San Paio tamén elaboraron un traballo sobre a castaña

castaña san paio - foto montaje

Os alumnos de San Cristovo tamén fixeron os seus traballiños:

castaña san cristovo 2 - diapositivas

Os nen@s de infantil da escola de Francelos tamén fixeron o seu traballiño sobre a castaña
 

martes, 23 de octubre de 2012

24 de OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA

A Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia celebrará o Dia da Biblioteca o 24 de outubro, cun obradoiro infantil de marcapáxinas monstruosos para os mais cativos e agasallo dun libro a todos os que veñan ese día á biblioteca a facerse socios ou a coller un libro en préstamo.

jueves, 18 de octubre de 2012

PROPOSTAS PARA SAMAÍN

O Consorcio Editorial Galego fai esta proposta para traballar o Samáin.




A editorial OQO tamén nos fai a súa proposta

domingo, 14 de octubre de 2012

CELSO EMILIO FERREIRO

Ola familias, dende o equipo da biblioteca "A xoaniña Rosalía" queremos comunicarvos que estamos celebrando no cole o centenario de CELSO EMILIO FERREIRO (naceu o 4 de xaneiro de 1912). Por iso queríamos pedir a colaboración das familias do centro para facer unha pequena exposición sobre este autor. Se tendes na casa algún libro del, pedímosvos que nolo traiades ao cole nos próximos días, ou se queredes buscar en internet e traer algún poema del ou algunha fotografía tamén formaría parte de dita exposición. Ao rematar a exposición devolverase todo o material que nos deixastes.

Aproveitando o material Actividades Lim do Blog Colectivo, podedes empezar a coñecer un pouco máis sobre este autor.
Pincha aquí para poder acceder.

Tamén podedes atopar máis información do autor e as actividades para conmemorar o seu centenario no enderezo: http://celsoemilioferreiro.org/

En  youtube podemos ver o poema musicado Eiquí será de Celso Emilio Ferreiro, ademais dun video de carácter educativo sobre a vida e obra do escritor galego Celso Emilio Ferreiro elaborado polo Equipo de Normalización Lingüística do CPI Celso Emilio Ferreiro de Vigo con motivo do centenario do seu nacemento.

No espazo  ABALAR da Xunta temos unha unidade didáctica para traballar a este autor.

PREMIO A EDITORIAL KALANDRAKA

Dende eiquí queremos felicitar a editorial pontevedresa Kalandraka polo Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial.

jueves, 4 de octubre de 2012

domingo, 16 de septiembre de 2012

CARTEL BIBLIOTECA, CURSO 2012-13

Con este lema, Biblioteca escolar, acelerador de innovación, preséntase o cartel que neste curso 2012/2013 edita a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co gallo da celebración do mes da biblioteca escolar (outubro) e do Día da Biblioteca (24 de outubro) e que chegará aos centros en datas próximas. Nesta ocasión, a ilustración correspondeu ao creador galego Andrés Meixide,  que vén sumarse así aos ilustradores que teñen colaborado con esta consellería no obxectivo de difundir as posibilidades da biblioteca escolar (Manuel Mariño/2008, Miguelanxo Prado/2009, Marina Seoane/2010, Emma Ríos/2011)

miércoles, 12 de septiembre de 2012

LA NUBE

Ola a tod@s, benvidos ao novo curso 2012-13.
 Dende eiquí queremos informarvos dun novo proxecto no que nos vamos a formar todos os mestr@s do C.R.A.
Aquí vos deixo un adianto:
PROXECTO LA NUBE

martes, 11 de septiembre de 2012

CONTOS DE SEMPRE

Fomentemos a lectura, os contos...a imaxinación. Encontra nesta páxina contos de sempre, que poderás contar aos teus fill@s.
http://www.educapeques.com/taller/cuentos-clasicos-y-modernos

Fadas, princesas, duendes, valerosos guerreiros…¡Todos os teus amigos están esperando!..

Móvete polas páxinas do conto que máis che guste e verás qué divertido é leelo mentras cho van contando. Xamais o poderás esquecer.

lunes, 3 de septiembre de 2012

FalaRedes 2012


 Programación Setembro 2012

O programa de dinamización da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a Rede de Dinamización Lingüística FalaRedes levouse adiante en máis de 90 entidades locais. A actividade que se vai a desenvolver no mes de setembro é a seguinte:

Galego de cineGalego de cine. Unha pequena caravana percorrerá as localidades pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística proxectando curtas de animación en galego para nenos e nenas de 6 a 12 anos. Estes terán ocasión de participar, posteriormente, nunha serie de actividades que lles permitirán ter un papel activo no seu achegamento ao cinema na nosa lingua. Os resultados deste traballo poden verse na canle de Youtube Galego de Cine. Cando finalice a viaxe da caravana polos concellos galegos farase un concurso no que se premiarán os mellores contos en galego contados ante a cámara por cada grupo de nenos e nenas participante na actividade. Cadaquén poderá votar polo seu favorito e os gañadores recibirán o libro-DVD O soldadiño de Chumbo.

Calendario FalaRedes 2012

Galego de cine
 

Setembro
01/09/2012. A Pobra de Brollón. Área Recreativa Sanugueiro, biblioteca. 16:30 h – 19:30 h
02/09/2012. Ribas de Sil. Praza Maior. 15:00 h – 18:00 h
07/09/2012. A Bola. Salón Baixo do Concello, biblioteca. 17.00 h – 20.00 h
08/09/2012. Celanova. Praza Maior. 11.00 h – 14.00 h
08/09/2012. Terra de Celanova. Quintela de Lairado, praza de San Pedro. 17.00 – 20.00 h
09/09/2012. Melón. Parque de Melón. 16:30 h – 19:30 h
14/09/2012. Avión. Centro Edificio Primaria. 17:00 h – 20:00 h
15/09/2012. San Cristovo de Cea. Enfronte do Edificio Multiúsos. 17.00 – 20.00 h
16/09/2012. Marín. 11:00 h – 14:00 h
16/09/2012. Vilaboa. Entrada Casa da Cultura. 17:00 h – 20:00 h
21/09/2012. Ponteareas. Praza Maior. 18:00 h – 21:00 h
22/09/2012. Carballedo. Praza do Concello. 17.00 h – 20.00 h
23/09/2012. A Lama. 17:00 h – 20:00 h
27/09/2012. Carral. Campo da Feira. 17:30 h – 20:30 h
30/09/2012. Xove. Praza Centro Cívico. 10:30 h – 13:30 h
30/09/2012. Cee. Praza 8 de Marzo. 17:00 h – 20:00 h

domingo, 15 de julio de 2012

AXUDA PARA A MELLORA DA BIBLIOTECA

Ola a tod@s, quería comunicar a toda a comunidade educativa do C.R.A AMENCER de Ribadavia que estamos seleccionados para as axudas do PLAMBE (Plan de mellora de bibliotecas escolares de Galicia). Temos concedida unha axuda bastante importante para mellorar as instalacións da nosa biblioteca, ampliar fondos, equipos informáticos, etc.
Como responsable do equipo da biblioteca quero darlle as gracias a todas as familias do noso pequeno cole pola súa colaboración en todas as actividades que fixemos ao longo de todo o curso, xa que sen eles todo isto non sería posible e en especial, a nosa directora Isabel, que sempre estivo aí apoiando todas as actividades que se plantexaban.
Tamén darlle as grazas ao equipo da Casa da Cultura de Ribadavia e a Biblioteca pública do concello de Ribadavia, en especial a Tere e a Bea.
Bo verán a tod@s.

martes, 19 de junio de 2012

viernes, 8 de junio de 2012

IMAXINA ANIMAIS

Os nen@s de primaria da escola de Francelos estiveron traballando co libro Imaxina Animais e aquí podedes ver o ben que lle quedaron as súas propias creacións.






7 XUÑO: ÚLTIMO DEBUXO DA MOCHILA VIAXEIRA
FAMILIA VAZQUEZ RODRIGUEZ

FAMILIA VAZQUEZ RODRIGUEZ
Dende o equipo da Biblioteca queremos agradecer a todas as familias do C.R.A. AMENCER  a vosa colaboración, xa que sen ela todo isto non sería posible.
MOITAS GRAZAS A TOD@S. ATA O CURSO QUE VEN.

viernes, 1 de junio de 2012

jueves, 31 de mayo de 2012

Saída ao Auditorio de Ourense

O mércores 30 de maio fomos ao Auditorio de Ourense a ver a obra de teatro  BICHARADA de Novacaixagalicia.


A historia é simple: Unha araña e unha formiga viven tranquilas na paz do seu recuncho. Ata que un día aparece un animal misterioso... un escaravello!
A profe Raquel estivo traballando un poema sobre a lúa do libro Xiz de cor. Mirade que ben o fixeron.



domingo, 27 de mayo de 2012

Concurso de MAPFRE

Estes son os contos cos que participamos no Concurso Nacional de Relatos "En otras palabras" da Fundación MAPFRE.
Os nen@s de 1º e 2º de primaria elaboraron os seus propios contos, co tema en común "Un día en el cole".
Tivemos dous contos, o de Aarón e Jesús, entre os 15 máis votodos de toda España. Aínda que ao final non puidemos conseguir o premio, estamos moi contentos con haber participado e chegar ata aí.




viernes, 25 de mayo de 2012

miércoles, 23 de mayo de 2012

CADERNOS DE NATUREZA

Os alumnos de Primaria da escola de Francelos estiveron elaborando coa axuda do profe Xan uns cadernos de natureza. Mirade que ben lles quedaron.

jueves, 17 de mayo de 2012

LETRAS GALEGAS 2012

PROGRAMACIÓN DA SEMANA CULTURAL DAS LETRAS GALEGAS

Desenvolverase do 9 ao 16 de maio de 2012

Adicada a Valentín Paz Andrade

Actividades previstas:
  •  Unidades Didácticas para infantil e primaria para coñecer a vida e  obra deste autor.

  • Festival de cine: sesións diarias de curtametraxes en galego.

  • Propostas de rimas, pareados ... a partir do eslogan: "Móllate co galego".

  • "Decoración libre" de chuvasqueiros a partir da actividade anterior.

  • Elaboración e recitación de poesías.

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Aquí podedes ver algún dos traballos que fixeron os nenos:






viernes, 11 de mayo de 2012

CONCURSO POESÍA

Aquí tendes as poesías coas que participamos no Concurso de Poesía Infantil organizado pola Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia.




Trala resolución do Premio de Poesía Infantil que organizou a Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia no mes de abril, dentro das actividades conmemorativas do mes do Libro, fíxosenos a entrega do premio , que foi para os alumn@s do C.R.A. Amencer. Entregáronnos un gran lote de libros infantis tanto en galego coma en castelán.
No seguinte enlace podedes ver as fotos.
Dende o equipo da biblioteca do C.R.A. AMENCER queremos agradecer a Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia todas as actividades que realiza ao longo do curso escolar e nas que nós sempre intentamos participar. Tamén agradecerlles os lotes de libros que nos deron, tanto no Nadal como no mes do Libro, xa que nos axudan a incrementar os nosos fondos.
Moitas grazas a Teresa e a Beatriz.
10 MAIO: DEBUXOS DAS MOCHILAS
FAMILIA RODRIGUEZ GARCIA

FAMILIA VAZQUEZ FIGAREDO

FAMILIA VAZQUEZ FIGAREDO

FAMILIA VAZQUEZ FIGAREDO