martes, 23 de octubre de 2012

24 de OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA

A Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia celebrará o Dia da Biblioteca o 24 de outubro, cun obradoiro infantil de marcapáxinas monstruosos para os mais cativos e agasallo dun libro a todos os que veñan ese día á biblioteca a facerse socios ou a coller un libro en préstamo.

jueves, 18 de octubre de 2012

PROPOSTAS PARA SAMAÍN

O Consorcio Editorial Galego fai esta proposta para traballar o Samáin.




A editorial OQO tamén nos fai a súa proposta

domingo, 14 de octubre de 2012

CELSO EMILIO FERREIRO

Ola familias, dende o equipo da biblioteca "A xoaniña Rosalía" queremos comunicarvos que estamos celebrando no cole o centenario de CELSO EMILIO FERREIRO (naceu o 4 de xaneiro de 1912). Por iso queríamos pedir a colaboración das familias do centro para facer unha pequena exposición sobre este autor. Se tendes na casa algún libro del, pedímosvos que nolo traiades ao cole nos próximos días, ou se queredes buscar en internet e traer algún poema del ou algunha fotografía tamén formaría parte de dita exposición. Ao rematar a exposición devolverase todo o material que nos deixastes.

Aproveitando o material Actividades Lim do Blog Colectivo, podedes empezar a coñecer un pouco máis sobre este autor.
Pincha aquí para poder acceder.

Tamén podedes atopar máis información do autor e as actividades para conmemorar o seu centenario no enderezo: http://celsoemilioferreiro.org/

En  youtube podemos ver o poema musicado Eiquí será de Celso Emilio Ferreiro, ademais dun video de carácter educativo sobre a vida e obra do escritor galego Celso Emilio Ferreiro elaborado polo Equipo de Normalización Lingüística do CPI Celso Emilio Ferreiro de Vigo con motivo do centenario do seu nacemento.

No espazo  ABALAR da Xunta temos unha unidade didáctica para traballar a este autor.

PREMIO A EDITORIAL KALANDRAKA

Dende eiquí queremos felicitar a editorial pontevedresa Kalandraka polo Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial.

jueves, 4 de octubre de 2012