viernes, 20 de diciembre de 2013

DIPLOMAS RANOPLA

Fotos da entrega dos diplomas de lectura do 1º trimestre aos alumnos do 1º ciclo de educación primaria.



TALLER DE ROSALÍA

Os xoves do mes de decembro,  no Taller de Rosalía, levouse a cabo un taller de elaboración de postais de nadal. Na presentación podedes ver algunhas delas

sábado, 14 de diciembre de 2013

CONCURSO DE POSTAIS NADAL 2013

Na seguinte presentación podedes ver todas as postais que fixeron os nosos nen@s para  participar no concurso deste nadal.

POSTAIS 2013 - Movie Maker

Ademais tamén participamos no concurso de postais da Biblioteca Pública de Ribadavia

domingo, 8 de diciembre de 2013

lunes, 18 de noviembre de 2013

DEREITOS DOS NEN@S


Nesta páxina do ARARTEKO (o Defensor do Pobo do País Vasco)  contannos a Historia da Convención dos Dereitos dos nenos, cunha versión para nenos e nenas e tamén podemos coñecelos dunha forma máis lúdica e graciosa, con debuxos de FRATO, que non é outro que Francesco Tonucci, gran pedagogo do noso tempo.
Pincha na imaxe
http://www.ararteko.net/apl/derechosdelainfancia/faro.htm

A información está sacada do blog Actividades para Educación Infantil.

domingo, 3 de noviembre de 2013

RESUME DE ACTIVIDADES NO SAMAÍN

 Selección de libros para ler durante o Samaín



Na seguinte presentación podedes ver algunhas das actividades que se fixeron no Samaín.


SAMAIN 2013 - Movie Maker

Ademais tamén fixemos unha videoconferencia con todas as escolas do CRA para ver o vaciado dunha cabaza

A letra da canción que prepararon coa mestra de música é a seguinte:
SAMAIN
Samaín, o misterio chega co samaín
as cabazas, os morcegos
bruxas polo ceo
o misterio chega co samaín. (Bis)

Lúa chea no balcón
mil estrelas ó redor
baila o aquelarre
ósos e melóns. (Bis)

Samaín, o misterio chega co samaín
as cabazas, os morcegos
bruxas polo ceo
o misterio chega co samaín. (Bis)

As caveiras atopar
os cruceiros do lugar
faremos meigallos
para nos salvar (bis)

Samaín, o misterio chega co samaín
as cabazas, os morcegos
bruxas polo ceo
o misterio chega co samaín. (Bis)

viernes, 1 de noviembre de 2013

XOSE NEIRA VILAS

Aquí tendes o LIM de MEMORIAS DUN NENO LABREGO elaborado polo CEIP Frian-Teis. Moitas grazas por compartir o voso traballo.



Ademais tamén tendes unha actividade notebook do Espantallo amigo .

No seguinte video podedes escoitar un trociño de Memorias dun neno labrego, narrado polos nen@s de 1º e 2º do cole, coas imaxes decoradas coa técnica de Andy Warhol.

 


OUTONO - MAGOSTO

Aquí tendes unha serie de recursos para traballar o outono e o magosto cos nen@s.
LIM: O OUTONO

http://actividadeslim.blogspot.com.es/2012/09/o-outono.html

LIM: A CASTAÑEIRA

 http://actividadeslim.blogspot.com.es/2011/11/castaneira.html

LIM DO OUTONO EN GALEGO E CASTELÁN 

 

CUENTO DE LA CASTAÑERA: 


 Canción que prepararon coa mestra de música para o magosto:

NON CHAS QUERO
Non chas quero, non chas quero
Castañas do teu magosto
Non chas quero, non chas quero
Que me cheiran ó chamosco (bis)
Ai lalelo ai lalalo

Alá ven o gaiteiro
Por detrás do pinar
Alá ven o gaiteiro
¡ai! Deixalo pasar (3 veces)
Alá ven o gaiteiro
Por detrás do pinar

Vente vindo, vente vindo
Que eu tamén me vou andando
Fixen a cama na folla
O vento vaima levando (bis)
Ail lalelo ai lalalo

Estribillo

Indo polo souto abaixo
Escorrín un ouriciño
Ai que tres castañas levo
Do souto do meu veciño (bis)
Ai lalelo ai lalalo

Estribillo

Notebook

https://www.dropbox.com/s/3mrs0m3prk3taiu/CONTO%20AS%20CASTA%C3%91AS%20PERDIDAS.notebook

domingo, 27 de octubre de 2013

SAMAÍN / HALLOWEEN

RECOPILACIÓN DE ALGÚNS VIDEOS PARA ESTA SEMANA DE SAMAÍN:
- CUENTO INFANTIL: ¿A QUE TIENEN MIEDO LOS MONSTRUOS?


- Pedro Solís: LA BRUXA


- Fiz, o coleccionista de medos




- A bruxa regañadentes

- Canción de Samaín de Andrea Picos Rodiles e Jesus Pareja

viernes, 25 de octubre de 2013

DIA DAS BIBLIOTECAS

Despois de ver o contacontos celebramos o 50 aniversario da creación da Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia cunha gran tarta e cun reparto de libros a cada neno que asistiu. 

miércoles, 23 de octubre de 2013

24 OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS

Con motivo do Dia da Biblioteca, mañan, 24 de outubro, a Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia celebrará tamén o 50 aniversario da súa creación  Dentro do programa “Ler conta moito” da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, terán un contacontos apoiado da técnica de luces e sombras, da man de Sherezade Bardají, titulado “Onde viven os monstros”, baseado no libro do mesmo nome do escritor Maurice Sendak, que é un conto clásico infantil que supuso unha revolución no mundo da literatura infantil. Ao rematar o espectáculo farán un sorteo de libros e algunha que outra sorpresa. Este contacontos será as 17:00 h no auditorio da Casa da Cultura. Para nenos de mais de 3 anos.

Con motivo do Dia da Biblioteca, mañan, 24 de outubro,  a biblioteca celebrará tamén o 50 aniversario da creación da Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia. Dentro do programa “Ler conta moito” da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, teremos un contacontos apoiado da técnica de luces e sombras, da man de Sherezade Bardají, titulado “Onde viven os monstros”, baseado no libro do mesmo nome do escritor Maurice Sendak,  que é un conto clásico infantil que supuso unha revolución no mundo da literatura infantil. Ao rematar o espectáculo faremos un sorteo de libros e algunha que outra sorpresa. Este contacontos será as 17:00 h no auditorio da Casa da Cultura. Para nenos de mais de 3 anos





 


domingo, 13 de octubre de 2013

AS POMBAS DE CARBOEIRO

 O sabado 26 de outubro, as 20:00 h,  na Casa da Cultura de Ribadavia terá lugar o espectáculo"AS POMBAS DE CARBOEIRO".

 As pombas de Carboeiro é un espectáculo teatral da compañía Fantoches Baj deseñado para levarse a cabo en colaboración cunha banda de música que interpretará as pezas para acompañar os actores durante a representación.
Daquela, a actividade ten dúas partes: na primeira, unha banda municipal non-profesional e con predominio de integrantes novos recibirá as partituras compostas por Benxamín Otero e prepararaas para despois ensaialas coa compañía teatral; a segunda parte será a representación teatral con acompañamento musical propiamente dito, un espectáculo pensado para público a partir dos 12 anos.
Deste xeito, e achegándonos á xente moza a través dos seus intereses e afeccións musicais, búscase implicar a poboación adolescente no desenvolvemento dunha actividade en lingua galega que poderá gozar o resto dos habitantes do seu concello.


sábado, 7 de septiembre de 2013

PETER PUNK

“Peter Punk” (o espectáculo de novo circo e teatro de rúa enfocado a dinamizar o uso do galego nas festas locais) actuará o domingo 8 de setembro en Ribadavia, cunha sesión ás 13:00 horas na Praza Maior, dentro do programa das Festas do Portal (se chove, o espectáculo celebrarase na Casa da Cultura).

 Durante os 50 minutos de función, o actor Isaac Rodríguez fará partícipes a todos os asistentes das sorpresas que enchen a súa maleta. Bólas, mazas, aros e ata fachos de lume voarán entre as mans do polifacético artista, que ademais de malabares, sorprenderá ao público executando incribles números de globoflexia. Porén, a verdadeira protagonista da sesión é a lingua e o humor retranqueiro, pensados para ofrecer un bo momento de lecer en galego durante as festas locais dos concellos aos que chega. As reviravoltas lingüísticas e as brincadeiras serán constantes durante a representación, orientada a presentar a lingua como parte fundamental da vida dos galegos e galegas.


miércoles, 10 de julio de 2013

VIDEO DA MULTICONFERENCIA CON XOSÉ NEIRA VILAS

Aquí tendes o vídeo da multiconferencia con D. Xosé Neira Vilas e as 23 escolas rurais da NUBE, celebrada o día 19 de xuño, como remate ao curso escolar 2012-13.

domingo, 16 de junio de 2013

MULTICONFERENCIA NA NUBE CON XOSÉ NEIRA VILAS


O mércores 19 de xuño teremos unha videoconferencia co escritor Xosé Neira Vilas dentro do proxecto A NUBE.
As 10:30 conectamos todas as escolas por videoconferencia e emitimos dende a escola de San Fins en donde estará o escritor acompañado do profesor do centro Antonio Vázquez, amigo persoal do mesmo, que fará unha breve presentación. - Sobre ás 10:40 conectaremos con catro escolas( unha de cada CRA) que lle fará unha pregunta ao escritor. - Logo, sobre ás 11:00 o escritor contaralles unha anécdota de cando era neno aos alumnos/as do centro. - Ás 11:30 daremos por rematada a videoconferencia. Agardando as vosas opinións¡¡¡¡¡

sábado, 18 de mayo de 2013

RESUMO ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS 2013

- Concurso de debuxo co lema "O galego viaxa":
 

- Na seguinte presentación podedes ver os debuxos que fixeron os nosos alumn@s dos cartaces que enviou a Consellería de Educación para conmemorar a Roberto Vidal Bolaño.



roberto vidal bolaño - foto montaje

- A continuación podedes ver as fotos da Convivencia co CEIP Castrelo de Miño

convivencia 2013 - foto montaje

VIDEOS DA CONVIVENCIA







-  Contacontos por multiconferencia: Por fin temos o vídeo da multiconferencia do día 23 de maio, para que poidades ver cómo iba o conto da "Escola de Medrapouco" voando entre todas as escolas.
 

miércoles, 15 de mayo de 2013

15 MAIO: DÍA DA FAMILIA

Na seguinte presentación podedes ver o xogo do "TRES EN ROSALÍA", que fixeron os nosos alumn@s para celebrar o Día da Familia,  o 15 de maio.
Como podedes ver, a nosa mascota "A xoaniña Rosalía" vai ir de viaxe para todas as casas dos nosos alumn@s.


domingo, 5 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS 2013



SEMANA CULTURAL DAS LETRAS GALEGAS

- Desenvolverase do 6 ao 15 de maio de 2013.

- Este ano está adicado a Roberto Vidal Bolaño.

- Actividades previstas:

- Unidades didácticas (E.I e E.P.) para coñecer a vida e obra deste autor

- LIMS para E.I. e E.P. sobre este autor.

-Ciclo de cine: proxección de curtametraxes en galego “Nós tamén creamos”.

-Canción do Folklore popular “Sementar sementarei”.

- Concurso de debuxo sobre o lema “O galego viaxa”.

-  15 maio: convivencia co CEIP Castrelo de Miño para celebrar as Letras Galegas, onde realizaremos diversos talleres, recitacións e dramatizacións.

- 23 maio: contacontos por multiconferencia a través do proxecto A NUBE.

jueves, 2 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS 2013: ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Este ano as Letras Galegas están adicadas ao actor Roberto Vidal Bolaño



Aprende xogando algo máis da súa vida:

EDUCACIÓN INFANTIL (actividades Seminario Galán)
Biografía
A súa obra
 LIM (CEIP Mallón)
LIM (CEIP ADR CASTELAO-RIANXO)
 1º CICLO EDUCACIÓN PRIMARIA (actividades Seminario Galán)
Biografía
A súa obra
LIM  (CEIP Mallón)
LIM (García Barbón)
LIM (CEIP ADR CASTELAO-RIANXO)

miércoles, 1 de mayo de 2013

RANOPLA

Queremos comentarvos que no último número publicado da revista EDUCACIÓN 3.0, o nº 10, fan unha reportaxe de RANOPLA, o proxecto no que levamos inmersos xa dous cursos escolares.



martes, 30 de abril de 2013

RESUMO MES DOS LIBROS 2013

Aquí tendes un resumo de todo o que fixemos neste mes de abril, cortiño pero bastante intenso: 
-Primeiramente fixemos unha exposición con todos os libros que trouxeron os nen@s do noso cole, para despois intercambialos entre eles. 
-Tamén fixemos outra exposición con todas as fotos dos nosos alumn@s lendo.


nenos lendo casa 2013 - diapositivas

-Sacamos os libros na hora de recreo, para que puideran gozar das súas lecturas favoritas.

lecturas no patio 2013 - diapositivas

-O 23 de abril, día do libro, cada nen@ fixo un debuxo do seu conto favorito e os máis maiores inventaron un conto, ademais de facer un marcapáxinas en forma de nube (polo proxecto da Nube no que estamos metidos) e entregar o marcapáxinas de Paula Carballeira co que nos obsequiou Bibliotecas Escolares de Galicia.


 -Por segundo ano, tivemos os padriños e madriñas lectoras (os alumn@s de 1º e 2º leron aos de infantil, e tamén algún de infantil leeu aos seus compañeiros). Tamén veu a mamá de Samuel a contar un conto a escola de San Cristovo.



-E para rematar, o 25 de abril, fixemos unha asentada pola lectura na Praza Maior de Ribadavia, onde tamén fixemos un recitado do poema "Só un libro" de Paula Carballeira. Dito acto recolleuno o xornal La Voz de Galicia o venres 26 de abril de 2013. Ademais o edil de Cultura, José Prieto, agasallounos cuns libros para os alumn@s de primaria.

LA VOZ DE GALICIA, 26-04-13
AGASALLO DO EDIL DE CULTURA JOSÉ PRIETO


ASENTADA LECTURA PRAZA MAIOR RIBADAVIA - diapositivas


POEMA DE PAULA CARBALLEIRA RECITADO POR CORA DIEGUEZ VILLAR NA PRAZA MAIOR DE RIBADAVIA


sábado, 20 de abril de 2013

PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE DE CAMPO LAMEIRO

O día 19 de abril, para rematar o proxecto interdisciplinar deste curso " A PREHISTORIA", fixemos unha excursión para visitar o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro (Pontevedra).
Na seguinte presentación podedes ver todo o que aprenderon e o ben que o pasamos.


domingo, 14 de abril de 2013

ACTIVIDADES NO MES DOS LIBROS

Dende o equipo da Biblioteca "A Xoaniña Rosalía" queremos propoñervos dúas novas actividades:
- cada ne@ ten que traer un libro da casa para compartir cos seus compañeiros, ademais de facer a exposición con todos os libros. Os libros teñen que vir identificados por dentro cos datos de cada nen@.

- tamén terán que traer unha foto donde estén lendo (un libro, un xornal, un cómic, etc.). Esta foto pode entregarse de varias formas (foto impresa, nun pendrive identificado, por e-mail: biblioaxoaninarosalia@gmail.com).

O prazo máximo que tendes para traer todo isto é o venres 19 de abril.

Ademais, do 22 ao 30 de abril, os nen@s de primaria serán padriños e madriñas lectores (escollerán un libro nas súas aulas e leeranllo aos máis pequenos do cole).

  
 E se fai bo tempo, sacaranse os contos das aulas para que os nen@s poidan disfrutar das súas lecturas preferidas.


 Ademais o 25 de abril asistiremos a un contacontos teatralizado da compañía Elefante Elegante titulado "O aviador" invitados pola Biblioteca Pública de Ribadavia. Aquí tendes un adianto.

 

martes, 9 de abril de 2013

JOSÉ LUIS SAMPEDRO

JOSÉ LUIS SAMPEDRO, SEMPRE NO NOSO CORAZÓN


O equipo da biblioteca do IES SAN PAIO dedicou en novembro de 2011 unha entrada no seu espazo web a figura de  José Luis Sampedro coincidindo coa concesión do Premio Nacional das Letras; agora (ao coñecer a triste nova do seu pasamento) fixo unha nova entrada enlazando coa vella e prestando especial atención a tres textos ilustrativos do compromiso do difunto co mundo da lectura, dos libros e das bibliotecas; ler e reflexionar sobre estes paradigmáticos textos poder ser unha maneira de homenaxear ao seu autor e facelo presente nas nosas bibliotecas. José Luis Sampedro xa está do outro lado da fronteira, neste lado quedaron os seus escritos, aproveitémolos!
Saúdos.

sábado, 6 de abril de 2013

LOS CROODS, UNA AVENTURA PREHISTÓRICA

Como xa sabedes, o venres 5 de abril, fomos ao cine de Leiro, aproveitando que estaban proxectando a peli LOS CROODS, xa que o proxecto deste ano trata sobre a PREHISTORIA.
Mirade que debuxos tan bonitos fixeron:


lunes, 1 de abril de 2013

2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

 O vindeiro 2 de Abril conmemórase, tal e como se vén facendo desde o ano 1967, o nacemento de Hans Christian Andersen. A IBBY declarou esa data Día Internacional do Libro Infantil, co fin de lembrar a importancia de ofrecer  bos libros a todas as nenas, a todos os nenos, libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como lectores e como persoas.
Cada ano, esta organización internacional encárgalle unha imaxe e un texto a autores de diferentes países. Nesta ocasión, a autora do texto é a mexicana Pat Mora e o ilustrador do cartel é o estadounidense Ashley Bryan
A través da OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil) podemos acceder ao poema de Pat Mora nas catro linguas do Estado:

Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.

Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.

Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.

Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.


Poema de Pat Mora
Traducción: Concha Blanco



Toda a información está na páxina de Bibliotecas Escolares de Galicia:
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


domingo, 31 de marzo de 2013

FOTOS DAS BOLSIÑAS AZUIS E DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Por fin temos fotos dos nosos alumnos e alumnas coas súas bolsiñas azuis cargadas de libros e das mochilas viaxeiras, que xa están chegando a súa recta final.








 

viernes, 22 de marzo de 2013

21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA

Co motivo do Día da Poesía e como estamos traballando a Prehistoria, eiquí tendes as poesías da Prehistoria dos nos@s nen@s.



martes, 19 de marzo de 2013

22 MARZO: DÍA DA AUGA

Ola a todos, para rematar o trimestre podemos celebrar o 22 de marzo, Día da auga, con estas actividades que están na rede.
En primeiro lugar o video "La gotita viajera" de Patricia López e Marcos, e unha actividade LIM "Las gotitas y el arco iris" da Escola de Casalonga.


 Os alum@s de primaria fixeron o libriño da AUGA, sacado de www.actiludis.com.  
 

sábado, 16 de marzo de 2013