martes, 30 de abril de 2013

RESUMO MES DOS LIBROS 2013

Aquí tendes un resumo de todo o que fixemos neste mes de abril, cortiño pero bastante intenso: 
-Primeiramente fixemos unha exposición con todos os libros que trouxeron os nen@s do noso cole, para despois intercambialos entre eles. 
-Tamén fixemos outra exposición con todas as fotos dos nosos alumn@s lendo.


nenos lendo casa 2013 - diapositivas

-Sacamos os libros na hora de recreo, para que puideran gozar das súas lecturas favoritas.

lecturas no patio 2013 - diapositivas

-O 23 de abril, día do libro, cada nen@ fixo un debuxo do seu conto favorito e os máis maiores inventaron un conto, ademais de facer un marcapáxinas en forma de nube (polo proxecto da Nube no que estamos metidos) e entregar o marcapáxinas de Paula Carballeira co que nos obsequiou Bibliotecas Escolares de Galicia.


 -Por segundo ano, tivemos os padriños e madriñas lectoras (os alumn@s de 1º e 2º leron aos de infantil, e tamén algún de infantil leeu aos seus compañeiros). Tamén veu a mamá de Samuel a contar un conto a escola de San Cristovo.



-E para rematar, o 25 de abril, fixemos unha asentada pola lectura na Praza Maior de Ribadavia, onde tamén fixemos un recitado do poema "Só un libro" de Paula Carballeira. Dito acto recolleuno o xornal La Voz de Galicia o venres 26 de abril de 2013. Ademais o edil de Cultura, José Prieto, agasallounos cuns libros para os alumn@s de primaria.

LA VOZ DE GALICIA, 26-04-13
AGASALLO DO EDIL DE CULTURA JOSÉ PRIETO


ASENTADA LECTURA PRAZA MAIOR RIBADAVIA - diapositivas


POEMA DE PAULA CARBALLEIRA RECITADO POR CORA DIEGUEZ VILLAR NA PRAZA MAIOR DE RIBADAVIA


sábado, 20 de abril de 2013

PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE DE CAMPO LAMEIRO

O día 19 de abril, para rematar o proxecto interdisciplinar deste curso " A PREHISTORIA", fixemos unha excursión para visitar o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro (Pontevedra).
Na seguinte presentación podedes ver todo o que aprenderon e o ben que o pasamos.


domingo, 14 de abril de 2013

ACTIVIDADES NO MES DOS LIBROS

Dende o equipo da Biblioteca "A Xoaniña Rosalía" queremos propoñervos dúas novas actividades:
- cada ne@ ten que traer un libro da casa para compartir cos seus compañeiros, ademais de facer a exposición con todos os libros. Os libros teñen que vir identificados por dentro cos datos de cada nen@.

- tamén terán que traer unha foto donde estén lendo (un libro, un xornal, un cómic, etc.). Esta foto pode entregarse de varias formas (foto impresa, nun pendrive identificado, por e-mail: biblioaxoaninarosalia@gmail.com).

O prazo máximo que tendes para traer todo isto é o venres 19 de abril.

Ademais, do 22 ao 30 de abril, os nen@s de primaria serán padriños e madriñas lectores (escollerán un libro nas súas aulas e leeranllo aos máis pequenos do cole).

  
 E se fai bo tempo, sacaranse os contos das aulas para que os nen@s poidan disfrutar das súas lecturas preferidas.


 Ademais o 25 de abril asistiremos a un contacontos teatralizado da compañía Elefante Elegante titulado "O aviador" invitados pola Biblioteca Pública de Ribadavia. Aquí tendes un adianto.

 

martes, 9 de abril de 2013

JOSÉ LUIS SAMPEDRO

JOSÉ LUIS SAMPEDRO, SEMPRE NO NOSO CORAZÓN


O equipo da biblioteca do IES SAN PAIO dedicou en novembro de 2011 unha entrada no seu espazo web a figura de  José Luis Sampedro coincidindo coa concesión do Premio Nacional das Letras; agora (ao coñecer a triste nova do seu pasamento) fixo unha nova entrada enlazando coa vella e prestando especial atención a tres textos ilustrativos do compromiso do difunto co mundo da lectura, dos libros e das bibliotecas; ler e reflexionar sobre estes paradigmáticos textos poder ser unha maneira de homenaxear ao seu autor e facelo presente nas nosas bibliotecas. José Luis Sampedro xa está do outro lado da fronteira, neste lado quedaron os seus escritos, aproveitémolos!
Saúdos.

sábado, 6 de abril de 2013

LOS CROODS, UNA AVENTURA PREHISTÓRICA

Como xa sabedes, o venres 5 de abril, fomos ao cine de Leiro, aproveitando que estaban proxectando a peli LOS CROODS, xa que o proxecto deste ano trata sobre a PREHISTORIA.
Mirade que debuxos tan bonitos fixeron:


lunes, 1 de abril de 2013

2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

 O vindeiro 2 de Abril conmemórase, tal e como se vén facendo desde o ano 1967, o nacemento de Hans Christian Andersen. A IBBY declarou esa data Día Internacional do Libro Infantil, co fin de lembrar a importancia de ofrecer  bos libros a todas as nenas, a todos os nenos, libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como lectores e como persoas.
Cada ano, esta organización internacional encárgalle unha imaxe e un texto a autores de diferentes países. Nesta ocasión, a autora do texto é a mexicana Pat Mora e o ilustrador do cartel é o estadounidense Ashley Bryan
A través da OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil) podemos acceder ao poema de Pat Mora nas catro linguas do Estado:

Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.

Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.

Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.

Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.


Poema de Pat Mora
Traducción: Concha Blanco



Toda a información está na páxina de Bibliotecas Escolares de Galicia:
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/