domingo, 27 de octubre de 2013

SAMAÍN / HALLOWEEN

RECOPILACIÓN DE ALGÚNS VIDEOS PARA ESTA SEMANA DE SAMAÍN:
- CUENTO INFANTIL: ¿A QUE TIENEN MIEDO LOS MONSTRUOS?


- Pedro Solís: LA BRUXA


- Fiz, o coleccionista de medos




- A bruxa regañadentes

- Canción de Samaín de Andrea Picos Rodiles e Jesus Pareja

viernes, 25 de octubre de 2013

DIA DAS BIBLIOTECAS

Despois de ver o contacontos celebramos o 50 aniversario da creación da Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia cunha gran tarta e cun reparto de libros a cada neno que asistiu. 

miércoles, 23 de octubre de 2013

24 OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS

Con motivo do Dia da Biblioteca, mañan, 24 de outubro, a Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia celebrará tamén o 50 aniversario da súa creación  Dentro do programa “Ler conta moito” da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, terán un contacontos apoiado da técnica de luces e sombras, da man de Sherezade Bardají, titulado “Onde viven os monstros”, baseado no libro do mesmo nome do escritor Maurice Sendak, que é un conto clásico infantil que supuso unha revolución no mundo da literatura infantil. Ao rematar o espectáculo farán un sorteo de libros e algunha que outra sorpresa. Este contacontos será as 17:00 h no auditorio da Casa da Cultura. Para nenos de mais de 3 anos.

Con motivo do Dia da Biblioteca, mañan, 24 de outubro,  a biblioteca celebrará tamén o 50 aniversario da creación da Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia. Dentro do programa “Ler conta moito” da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, teremos un contacontos apoiado da técnica de luces e sombras, da man de Sherezade Bardají, titulado “Onde viven os monstros”, baseado no libro do mesmo nome do escritor Maurice Sendak,  que é un conto clásico infantil que supuso unha revolución no mundo da literatura infantil. Ao rematar o espectáculo faremos un sorteo de libros e algunha que outra sorpresa. Este contacontos será as 17:00 h no auditorio da Casa da Cultura. Para nenos de mais de 3 anos





 


domingo, 13 de octubre de 2013

AS POMBAS DE CARBOEIRO

 O sabado 26 de outubro, as 20:00 h,  na Casa da Cultura de Ribadavia terá lugar o espectáculo"AS POMBAS DE CARBOEIRO".

 As pombas de Carboeiro é un espectáculo teatral da compañía Fantoches Baj deseñado para levarse a cabo en colaboración cunha banda de música que interpretará as pezas para acompañar os actores durante a representación.
Daquela, a actividade ten dúas partes: na primeira, unha banda municipal non-profesional e con predominio de integrantes novos recibirá as partituras compostas por Benxamín Otero e prepararaas para despois ensaialas coa compañía teatral; a segunda parte será a representación teatral con acompañamento musical propiamente dito, un espectáculo pensado para público a partir dos 12 anos.
Deste xeito, e achegándonos á xente moza a través dos seus intereses e afeccións musicais, búscase implicar a poboación adolescente no desenvolvemento dunha actividade en lingua galega que poderá gozar o resto dos habitantes do seu concello.