domingo, 13 de octubre de 2013

AS POMBAS DE CARBOEIRO

 O sabado 26 de outubro, as 20:00 h,  na Casa da Cultura de Ribadavia terá lugar o espectáculo"AS POMBAS DE CARBOEIRO".

 As pombas de Carboeiro é un espectáculo teatral da compañía Fantoches Baj deseñado para levarse a cabo en colaboración cunha banda de música que interpretará as pezas para acompañar os actores durante a representación.
Daquela, a actividade ten dúas partes: na primeira, unha banda municipal non-profesional e con predominio de integrantes novos recibirá as partituras compostas por Benxamín Otero e prepararaas para despois ensaialas coa compañía teatral; a segunda parte será a representación teatral con acompañamento musical propiamente dito, un espectáculo pensado para público a partir dos 12 anos.
Deste xeito, e achegándonos á xente moza a través dos seus intereses e afeccións musicais, búscase implicar a poboación adolescente no desenvolvemento dunha actividade en lingua galega que poderá gozar o resto dos habitantes do seu concello.


No hay comentarios:

Publicar un comentario