lunes, 18 de noviembre de 2013

DEREITOS DOS NEN@S


Nesta páxina do ARARTEKO (o Defensor do Pobo do País Vasco)  contannos a Historia da Convención dos Dereitos dos nenos, cunha versión para nenos e nenas e tamén podemos coñecelos dunha forma máis lúdica e graciosa, con debuxos de FRATO, que non é outro que Francesco Tonucci, gran pedagogo do noso tempo.
Pincha na imaxe
http://www.ararteko.net/apl/derechosdelainfancia/faro.htm

A información está sacada do blog Actividades para Educación Infantil.

domingo, 3 de noviembre de 2013

RESUME DE ACTIVIDADES NO SAMAÍN

 Selección de libros para ler durante o Samaín



Na seguinte presentación podedes ver algunhas das actividades que se fixeron no Samaín.


SAMAIN 2013 - Movie Maker

Ademais tamén fixemos unha videoconferencia con todas as escolas do CRA para ver o vaciado dunha cabaza

A letra da canción que prepararon coa mestra de música é a seguinte:
SAMAIN
Samaín, o misterio chega co samaín
as cabazas, os morcegos
bruxas polo ceo
o misterio chega co samaín. (Bis)

Lúa chea no balcón
mil estrelas ó redor
baila o aquelarre
ósos e melóns. (Bis)

Samaín, o misterio chega co samaín
as cabazas, os morcegos
bruxas polo ceo
o misterio chega co samaín. (Bis)

As caveiras atopar
os cruceiros do lugar
faremos meigallos
para nos salvar (bis)

Samaín, o misterio chega co samaín
as cabazas, os morcegos
bruxas polo ceo
o misterio chega co samaín. (Bis)

viernes, 1 de noviembre de 2013

XOSE NEIRA VILAS

Aquí tendes o LIM de MEMORIAS DUN NENO LABREGO elaborado polo CEIP Frian-Teis. Moitas grazas por compartir o voso traballo.



Ademais tamén tendes unha actividade notebook do Espantallo amigo .

No seguinte video podedes escoitar un trociño de Memorias dun neno labrego, narrado polos nen@s de 1º e 2º do cole, coas imaxes decoradas coa técnica de Andy Warhol.

 


OUTONO - MAGOSTO

Aquí tendes unha serie de recursos para traballar o outono e o magosto cos nen@s.
LIM: O OUTONO

http://actividadeslim.blogspot.com.es/2012/09/o-outono.html

LIM: A CASTAÑEIRA

 http://actividadeslim.blogspot.com.es/2011/11/castaneira.html

LIM DO OUTONO EN GALEGO E CASTELÁN 

 

CUENTO DE LA CASTAÑERA: 


 Canción que prepararon coa mestra de música para o magosto:

NON CHAS QUERO
Non chas quero, non chas quero
Castañas do teu magosto
Non chas quero, non chas quero
Que me cheiran ó chamosco (bis)
Ai lalelo ai lalalo

Alá ven o gaiteiro
Por detrás do pinar
Alá ven o gaiteiro
¡ai! Deixalo pasar (3 veces)
Alá ven o gaiteiro
Por detrás do pinar

Vente vindo, vente vindo
Que eu tamén me vou andando
Fixen a cama na folla
O vento vaima levando (bis)
Ail lalelo ai lalalo

Estribillo

Indo polo souto abaixo
Escorrín un ouriciño
Ai que tres castañas levo
Do souto do meu veciño (bis)
Ai lalelo ai lalalo

Estribillo

Notebook

https://www.dropbox.com/s/3mrs0m3prk3taiu/CONTO%20AS%20CASTA%C3%91AS%20PERDIDAS.notebook