viernes, 12 de diciembre de 2014

IV CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Na seguinte presentación podedes ver todas as postais que fixeron os nosos alumn@s para participar no concurso de postais de Nadal.

lunes, 24 de noviembre de 2014

25 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A Coordinadora Galega Endl achéganos este material para traballar nas aulas a problemática da violencia de xénero a partir do libro "O Monstro" de Daniel  Martin, traducido ao galego e con actividades e recursos para Educación Infantil e Primaria, feito polo equipo de Convivencia do CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo.





Tamén tedes o conto de "Arturo e Clementina" para traballar cos máis pequenos, unha recopilación de materiais realizada polo CEIP Calvo Sotelo de O Carballiño.

http://issuu.com/asuncioncabello/docs/la_historia_de_arturo_y_clementina/23?e=3549425/10270454


 



Este foi o resultado dos contos traballados

lunes, 17 de noviembre de 2014

25 ANIVERSARIO DA CONVENCIÓN SOBRE OS DEREITOS DO NENO

Hoxe son un neno
 Se ti non me sacas, ninguén me ve

Hoxe son un neno. Se ti non me sacas ninguén me ve, é unha iniciativa de ASEAF (Asociación das diferentes Comunidades Autónomas de familias acolledoras de menores) con motivo da celebración o próximo 20 de Novembro do 25º Aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno e o Día Universal dos Dereitos da Infancia. O obxectivo é dar visibilidade aos máis de 15.000 nenos que actualmente en España crecen en residencias, tutelados polas Comunidades Autónomas e esperando, na maioría dos casos, unha familia de acollida. Os nenos, como menores que son non teñen a capacidade de representarse a sí mesmos, por iso queremos que estén representados por nós os adultos para que a nosa sociedade coñeza esta realidade. Para este obxectivo  fas falta ti. Podes divulgalo e o  día 20 de Novembro dar visibilidade a un neno, para que na nosa sociedade non nos esquezamos deles.









Algúns dos traballos que fixeron os nosos alumnos no Taller de Rosalía


domingo, 16 de noviembre de 2014

35 ANIVERSARIO, EDUARDO BLANCO AMOR

Con motivo do 35 Aniversario do pasamento de Eduardo Blanco Amor, fixemos unha unidade didáctica para achegar a figura do escritor aos nosos alumnos e dar a coñecer a nosa literatura.


Estes son os traballiños dos nosos alumn@s

domingo, 26 de octubre de 2014

SAMAÍN 2014

Selección de recursos para traballar nas aulas durante o SAMAÍN

Traballos realizados durante a semana do Samaín

sábado, 25 de octubre de 2014

24 de OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS

Este ano celebramos o día das Bibliotecas cuns marcapáxinas moi matemáticos.

 Tamén fixemos unha escolma de libros matemáticos







sábado, 4 de octubre de 2014

ARCIMBOLDO

Como o arte é algo que traballamos habitualmente nas aulas, decidimos crear un notebook dun pintor italiano, ARCIMBOLDO, coñecido polas súas representacións manieristas (caras representadas con flores, froitas, plantas,...). Esperamos que vos guste.

https://www.dropbox.com/s/j8fsptrmid6qjrc/ARCIMBOLDO.notebook?dl=0

Tamén fixemos uns imprimibles que podedes descargar para traballar con eles
Este foi o resultado do noso traballo

viernes, 12 de septiembre de 2014

A VENDIMA

Durante este primeiro trimestre do curso 2014/15, imos traballar A VENDIMA (o Proxecto Documental Integrado que parte dende a nosa Biblioteca) e imos aprender todo o relacionado con
esta tradición na comarca do RIBEIRO.
Aquí atoparedes enlaces relacionados co noso proxecto e que xa estamos traballando nas aulas, para que os vexades xuntos na casa e descubrades todo o que saben os vosos fillos.

RUTA DO VIÑO DO RIBEIRO (PINCHA NA IMAXE)

VIDEOS:















VENDIMA DO CRA DE MONTERREI


INFORMACIÓN: (PINCHA NA IMAXE)

http://centros.edu.aytolacoruna.es/sfxabier/vendima.htm



SLIDE VENDIMIAMOS, do CEIP Rafael Alberti



POWER POINT DO CEIP A LAXE:



EDILIM de Magdalena Gamallo

http://cousasdeescola.blogspot.com.es/2013/09/a-vendima.html

CANCIÓN: LA UVA PERDIÓ SU RACIMO


Presentación power point elaborada pola familia de Abraham Vazquez Figaredo

https://www.dropbox.com/s/oyijm5926tf50ta/A%20vendima%20do%20Ribeiro.pptx?dl=0

O NOSO TRABALLO
  
  

VISITA A ADEGA VIÑA COSTEIRA

martes, 22 de julio de 2014

MIT RIBADAVIA 2014

PROGRAMACIÓN MARTES 22 DE XULLO DE 2014

20:00h Mr. Pancho e a última función -Títeres Cascanueces e Títeres Alakrán- Santo Adré. SputMIT

23:00h UBU ROI - Cheek by Jowl, Barbican de Londres, Les Gémeaux/Sceaux/Scène Nationale e A Comédie de Béthune-
Centre Dramatique National du Nord-Pas-de-Calais - Auditorio do Castelo

https://www.youtube.com/watch?v=cyswm6rYzWs



lunes, 21 de julio de 2014

MIT RIBADAVIA 2014

LUNS 21 DE XULLO
Programación da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.
-20:00 h. Titeres Babaluva coa obra "Lume" no campo do Souto en San Cristovo.
-21:00 h. Artistas Unidos volve a representar "A vinte de novembro" na Igrexa da Madalena, que tivo un grande éxito onte.
-23:00 h. Ron Lalá escenifica "En un lugar de la Mancha" no Auditorio do Castelo

Para máis información pincha na foto

https://www.facebook.com/bibliotecaribadavia.ribadavia?hc_location=timeline

martes, 20 de mayo de 2014

RESUMO DE ACTIVIDADES DAS LETRAS GALEGAS

Primeiramente fixemos un concurso de debuxo co lema "Aliméntate do galego". Os gañadores, tanto de infantil como de primaria, terían o seu debuxo nunha chapa.


Tamén traballamos a Xosé María Díaz Castro coas unidades didácticas do Seminario Galán.


E o día 16 de maio fixemos a III Convivencia co CEIP Castrelo de Miño para festexar conxuntamente o Día das Letras Galegas. Nos seguintes videos podedes ver algunhas das actividades que alí fixemos.













Despois das diferentes recitacións elaboramos entre todos dúas alfombras florais, con todo o material que trouxeron os alumn@s de ambos centros educativos.


viernes, 16 de mayo de 2014

DÍA DA FAMILIA

O día 15 de maio celebramos o Día da Familia, e os nos@s alumn@s fixeron unhas canicas moi especiais.




domingo, 11 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS 2014

SEMANA CULTURAL DAS LETRAS GALEGAS

- Desenvolverase do 12 ao 16 de maio de 2014.

- Este ano está adicado a Xosé María Díaz Castro.

- Actividades previstas:

- Videoconto da Familia Trebón adicado as Letras Galegas

http://player.vimeo.com/video/94450568


- Unidades didácticas (E.I e E.P.) para coñecer a vida e obra deste autor

-  Tiny Tap sobre Díaz Castro para Infantil

http://www.tinytap.it/games/g79y/play/


- LIMS DO SEMINARIO GALÁN
http://seminariogalan.org/inicio/ver/248

http://seminariogalan.org/inicio/ver/249

LIM DA BIBLIOTECA DO CEIP DE MALLÓN

https://dl.dropboxusercontent.com/u/60880342/letras%20galegas%202014/d%C3%ADazcastro%201%C2%BA%20ciclo/1_ociclo.html


-Canción do Folklore popular “A Santiago vou”




- Concurso de chapas sobre o lema “Aliméntate do galego”.

-  16 maio: convivencia co CEIP Castrelo de Miño para celebrar as Letras Galegas, onde realizaremos diversos talleres e recitacións.


viernes, 2 de mayo de 2014

RESUMO ACTIVIDADES MES DE ABRIL

O 23 de abril, Día Mundial do Libro, fixemos entrega dos agasallos que nos mandaron Bibliotecas Escolares de Galicia.





Tamén tivemos un contacontos por videoconferencia, unha compañeira do cole contounos o "GALO QUIRICO" a tod@s os nen@s das tres escolas:




O día 24 de abril asistimos ao Contacontos "Catalino Lino Lina" da compañía Glup Glup teatro na Casa da Cultura de Ribadavia, onde visitamos a exposición de Banda Deseñada e a sala infantil. Antes do contacontos fixemos dous obradoiros, no primeiro elaboramos o conto redondo do Galo Quirico e no segundo un marcapáxinas.


ABRIL 2014

Despois do Contacontos, fixemos a II Asentada pola lectura. Como o tempo non nos acompañou, tivemos que quedarnos na Casa da Cultura  e fixemos alí a asentada. Nos seguintes videos podedes ver alguns dos nenos lendo aos máis pequenos.



Fotos da II Asentada pola Lectura


Tamén tivemos exposición e intercambio dos libros preferidos dos nosos alumnos e sacamos os libros ao patio na hora do recreo.


Exposicion libros 2014 - Movie Maker

E entregamos os carnéts da Biblioteca Pública de Ribadavia aos alumnos de 3 anos

martes, 22 de abril de 2014

PROGRAMACIÓN MES DOS LIBROS 2014

 23 de abril: debuxo do seu conto favorito; entrega de agasallos: marcapáxinas, chapa,…

24 de abril:  Contacontos “Catalino Lino Lina”, da compañía Glup Glup teatro, na Casa da Cultura de Ribadavia e unha visita a Biblioteca Pública de Ribadavia. II asentada pola lectura na PRAZA MAIOR DE RIBADAVIA (12:30 H)

 23-30 abril: Exposición e intercambio dos libros preferidos dos nos@s alumn@s; cestas con libros no patio, na hora do recreo.

 23-30 de abril: Padriños e madriñas lectores: @s nen@s de 1º, 2º e de infantil leranlle aos máis pequenos as súas lecturas favoritas.

GALO QUIRICO

domingo, 20 de abril de 2014

PROXECTO DE EXIPTO

Resumo de actividades realizadas no segundo trimestre en relación ao Proxecto Documental Integrado EXIPTO

http://issuu.com/m.cruzestevez/docs/proyecto_egipto?e=5398550/8029009




Video da Escola de San Paio



Notebook da Escola de San Cristovo

https://www.dropbox.com/s/8n8tsmahd54ona5/PROXECTO%20EXIPTO%202014.notebook


Na área de Educación Física tamén fixeron actividades relacionadas con Exipto.



 Presentación da Escola de Francelos

martes, 1 de abril de 2014

2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Adicado a todas as familias que reciben un diagnóstico de Trastorno do espectro do autismo.
O oito
Letra de Olga Lalín
Música de Seso Durán
Incluído no album de próxima aparición "Azul"
Filmado no Lago de Castiñeiras (Marín, Pontevedra)

2 ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Comeza abril cunha data esencial para lembrar a importancia de ofrecer libros de calidade aos nenos e nenas: 2 de abril, o Día Internacional do Libro Infantil, que se celebra en conmemoración do nacemento de Hans Christian Andersen. Tódos os anos, a IBBY (Internacional Board on Books for Young People) encarga unha imaxe e un texto a un autor dun país en concreto. Desta vez son irlandesas os autoras que poñen rostro e voz ao libro infantil e á lectura como actividade esencial na formación das persoas: Siobhán Parkinson é a autora do texto "Carta aos nenos do mundo" e Niamh Sharkey ilustra o cartel conmemorativo. 


domingo, 23 de marzo de 2014

22 MARZO: DÍA DA AUGA

No noso cole decoramos estas camisetas para concienciarnos un pouquiño máis sobre a importancia da auga.

viernes, 21 de marzo de 2014

21 MARZO: DÍA DA POESÍA

Para conmemorar o Día da Poesía, os nen@s de primeiro e segundo recitaron dúas poesías para os máis pequenos do cole: "Adiós ríos, adiós fontes" de Rosalía de Castro e "O Piñeiro", de Xosé Neira Vilas.
Mirade que ben o fixeron:


jueves, 20 de marzo de 2014

CINE LEIRO: PEABODY Y SHERMAN

Aproveitando que estamos traballando Exipto, o día 20 de marzo fomos ver ao cine de Leiro a película "LAS AVENTURAS DE PEABODY Y SHERMAN". Ao vir de volta, tamén fixeron os seus propios debuxos do que máis lles gustou a cada un.


miércoles, 19 de marzo de 2014

sábado, 15 de marzo de 2014

SEMANA DA PRENSA

Na semana do 10 ao 14 de marzo traballamos cos xornais nas distintas escolas. Aquí tendes algunhas fotos do que fixeron:







viernes, 7 de marzo de 2014

CONTACONTOS TOC TOC

O domingo 9 de marzo ás 7,30 h. da tarde terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de Ribadavia un concerto contacontos de Pablo Díaz chamado Toc Toc, dentro do programa Falaredes, programa de dinamización lingüística que leva a cabo a Secretaría de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Preséntanse asi as cancións do disco-libro Toc Toc da coleccion sonárbore, da Editorial Galaxia, escrito por Pablo Díaz e ilustrado por Nuria Díaz.



sábado, 1 de marzo de 2014

ADIOS RÍOS, ADIÓS FONTES

24 de febreiro: DÍA de ROSALÍA DE CASTRO

Homenaxe dos nenos e nenas de 1º e 2º de primaria do CRA AMENCER de Ribadavia a Rosalía de Castro, conmemorando o día do seu nacemento.




Fotos dalgúns traballiños que fixeron os alumnos de infantil: