viernes, 28 de febrero de 2014

Conto solidario para concienciar sobre a pobreza

A Fundación Amigos de Galicia mandounos o enlace do Conto solidario de Rosalía: conto que a fundación fixo coa colaboración de Teté Delgado para concienciar sobre a pobreza.

 

lunes, 24 de febrero de 2014

ENTROIDO 2014

 LIM: O ENTROIDO EN OURENSE

https://dl.dropboxusercontent.com/u/49503821/ENTROIDO%20LIM/ENTROIDO%20DEFINITIVO/o_entroido_na_provincia_de_ourense.html


Notebook do ENTROIDO


Resumo de actividades feitas no Entroido



ENTROIDO 2014

Tamén nos disfrazamos de exipcios


E elaboramos un libro de receitas típicas do Entroido

http://issuu.com/m.cruzestevez/docs/maqueta_libro_receitas/1?e=0


domingo, 23 de febrero de 2014

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

Poema para traballar cos alumn@s de infantil nas aulas.


 A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega mandou a ligazón da segunda parte do vídeo "Todas con Rosalía", iniciado o ano pasado e promovido por esta Asociación coa idea de fornecer material audiovisual para a celebración do Día de Rosalía.
Un grupo de escritoras galegas quixo unirse para continuar dando vida a Rosalía nun novo vídeo colectivo no que teñen cabida palabras e músicas de mulleres, nenas, mozas e vellas. Mulleres falando de mulleres, e ao tempo, falando de todos e para todos nós, falando dos que aquí e agora sofren, seguindo o exemplo de conciencia e rebeldía da grande escritora ao recitar os seus versos desde o presente.
As gravacións amateurs foron montadas e editadas pola cineasta Raquel Rei. Participan, entre moitas outras, Marta Dacosta, María Canosa, Concha Blanco, Mercedes Leobalde, Berta Roca, Fina Casalderrey, Isabel Risco, Lorena Souto, Pilar García Negro.

martes, 18 de febrero de 2014

VISITA A BIBLIOTECA

O luns 17 de febreiro a biblioteca da xoaniña Rosalía tivo unha visita moi especial, os nen@s da escola de San Cristovo viñeron a pasar o día cos da escola de San Paio. Mirade que ben o pasaron.





sábado, 1 de febrero de 2014

LIBROS QUE VIAXAN

Fotos dos alumn@s levando as súas bolsiñas azuis - laranxas e as súas mochilas viaxeiras cargadas de libros.