domingo, 23 de febrero de 2014

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

Poema para traballar cos alumn@s de infantil nas aulas.


 A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega mandou a ligazón da segunda parte do vídeo "Todas con Rosalía", iniciado o ano pasado e promovido por esta Asociación coa idea de fornecer material audiovisual para a celebración do Día de Rosalía.
Un grupo de escritoras galegas quixo unirse para continuar dando vida a Rosalía nun novo vídeo colectivo no que teñen cabida palabras e músicas de mulleres, nenas, mozas e vellas. Mulleres falando de mulleres, e ao tempo, falando de todos e para todos nós, falando dos que aquí e agora sofren, seguindo o exemplo de conciencia e rebeldía da grande escritora ao recitar os seus versos desde o presente.
As gravacións amateurs foron montadas e editadas pola cineasta Raquel Rei. Participan, entre moitas outras, Marta Dacosta, María Canosa, Concha Blanco, Mercedes Leobalde, Berta Roca, Fina Casalderrey, Isabel Risco, Lorena Souto, Pilar García Negro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario