domingo, 23 de marzo de 2014

22 MARZO: DÍA DA AUGA

No noso cole decoramos estas camisetas para concienciarnos un pouquiño máis sobre a importancia da auga.

viernes, 21 de marzo de 2014

21 MARZO: DÍA DA POESÍA

Para conmemorar o Día da Poesía, os nen@s de primeiro e segundo recitaron dúas poesías para os máis pequenos do cole: "Adiós ríos, adiós fontes" de Rosalía de Castro e "O Piñeiro", de Xosé Neira Vilas.
Mirade que ben o fixeron:


jueves, 20 de marzo de 2014

CINE LEIRO: PEABODY Y SHERMAN

Aproveitando que estamos traballando Exipto, o día 20 de marzo fomos ver ao cine de Leiro a película "LAS AVENTURAS DE PEABODY Y SHERMAN". Ao vir de volta, tamén fixeron os seus propios debuxos do que máis lles gustou a cada un.


miércoles, 19 de marzo de 2014

sábado, 15 de marzo de 2014

SEMANA DA PRENSA

Na semana do 10 ao 14 de marzo traballamos cos xornais nas distintas escolas. Aquí tendes algunhas fotos do que fixeron:







viernes, 7 de marzo de 2014

CONTACONTOS TOC TOC

O domingo 9 de marzo ás 7,30 h. da tarde terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de Ribadavia un concerto contacontos de Pablo Díaz chamado Toc Toc, dentro do programa Falaredes, programa de dinamización lingüística que leva a cabo a Secretaría de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Preséntanse asi as cancións do disco-libro Toc Toc da coleccion sonárbore, da Editorial Galaxia, escrito por Pablo Díaz e ilustrado por Nuria Díaz.



sábado, 1 de marzo de 2014

ADIOS RÍOS, ADIÓS FONTES

24 de febreiro: DÍA de ROSALÍA DE CASTRO

Homenaxe dos nenos e nenas de 1º e 2º de primaria do CRA AMENCER de Ribadavia a Rosalía de Castro, conmemorando o día do seu nacemento.




Fotos dalgúns traballiños que fixeron os alumnos de infantil: