martes, 22 de abril de 2014

PROGRAMACIÓN MES DOS LIBROS 2014

 23 de abril: debuxo do seu conto favorito; entrega de agasallos: marcapáxinas, chapa,…

24 de abril:  Contacontos “Catalino Lino Lina”, da compañía Glup Glup teatro, na Casa da Cultura de Ribadavia e unha visita a Biblioteca Pública de Ribadavia. II asentada pola lectura na PRAZA MAIOR DE RIBADAVIA (12:30 H)

 23-30 abril: Exposición e intercambio dos libros preferidos dos nos@s alumn@s; cestas con libros no patio, na hora do recreo.

 23-30 de abril: Padriños e madriñas lectores: @s nen@s de 1º, 2º e de infantil leranlle aos máis pequenos as súas lecturas favoritas.

GALO QUIRICO

domingo, 20 de abril de 2014

PROXECTO DE EXIPTO

Resumo de actividades realizadas no segundo trimestre en relación ao Proxecto Documental Integrado EXIPTO

http://issuu.com/m.cruzestevez/docs/proyecto_egipto?e=5398550/8029009




Video da Escola de San Paio



Notebook da Escola de San Cristovo

https://www.dropbox.com/s/8n8tsmahd54ona5/PROXECTO%20EXIPTO%202014.notebook


Na área de Educación Física tamén fixeron actividades relacionadas con Exipto.



 Presentación da Escola de Francelos

martes, 1 de abril de 2014

2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Adicado a todas as familias que reciben un diagnóstico de Trastorno do espectro do autismo.
O oito
Letra de Olga Lalín
Música de Seso Durán
Incluído no album de próxima aparición "Azul"
Filmado no Lago de Castiñeiras (Marín, Pontevedra)

2 ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Comeza abril cunha data esencial para lembrar a importancia de ofrecer libros de calidade aos nenos e nenas: 2 de abril, o Día Internacional do Libro Infantil, que se celebra en conmemoración do nacemento de Hans Christian Andersen. Tódos os anos, a IBBY (Internacional Board on Books for Young People) encarga unha imaxe e un texto a un autor dun país en concreto. Desta vez son irlandesas os autoras que poñen rostro e voz ao libro infantil e á lectura como actividade esencial na formación das persoas: Siobhán Parkinson é a autora do texto "Carta aos nenos do mundo" e Niamh Sharkey ilustra o cartel conmemorativo.