Se ti non me sacas, ninguén me ve
Hoxe son un neno. Se ti non me sacas ninguén me ve, é unha iniciativa de ASEAF (Asociación das diferentes Comunidades Autónomas de familias acolledoras de menores) con motivo da celebración o próximo 20 de Novembro do 25º Aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno e o Día Universal dos Dereitos da Infancia. O obxectivo é dar visibilidade aos máis de 15.000 nenos que actualmente en España crecen en residencias, tutelados polas Comunidades Autónomas e esperando, na maioría dos casos, unha familia de acollida. Os nenos, como menores que son non teñen a capacidade de representarse a sí mesmos, por iso queremos que estén representados por nós os adultos para que a nosa sociedade coñeza esta realidade. Para este obxectivo fas falta ti. Podes divulgalo e o día 20 de Novembro dar visibilidade a un neno, para que na nosa sociedade non nos esquezamos deles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario